As obras destinadas aos máis novos e todas as persoas involucradas nelas están representadas por GÁLIX a través das súas actividades: iniciativas de promoción, asesoramento a entidades e persoas interesadas, así como a administración e sectores de dentro e de fóra de Galicia, representación nas organizacións estatais e internacionais, etc. Se queres saber máis sobre as actividades que desenvolvemos, non dubides en botar un ollo na sección de actividades. Tamén podes seguirnos en Facebook, Twitter ou Instagram.


Se tes interese en saber máis sobre GÁLIX, non dubides en nos pedir información aquí. Se queres formar parte da nosa asociación, aquí podes acceder ao formulario para te dares de alta.

 

ESTRUTURA E DIRECTIVA

Todos os membros da asociación constitúen a nosa asemblea xeral. A xunta directiva está formada por presidencia, vicepresidencia, secretaria, tesouraría e vogais que representan a diferentes colectivos.



Actualmente, no período 2023-2025, a xunta directiva está composta por:

  • Presidente: David Cortizo Conde

  • Vicepresidenta : Antía Yañez

  • Secretaria: Andrea Jamardo Seijo

  • Tesouraría: Miguel Ángel Alonso Diz

VOGAIS:

  • Vogal de ilustración: María Lires

  • Vogal de tradución e universidades:  Raquel Senra

  • Vogal de escritoras e escritores:  María Lado

  • Vogal de Redes Sociais e Bibliotecas: Leonor Mazaira

 
A nosa secretaría técnica atende os luns e martes de 9:00 a 13:00 .